← Volver atrás

Sardiña Navarro, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Capela
(A Coruña)
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Oficinista, 41 anos. Veciño de Pontedeume. Empregado do Ferrocarril. Irmán de Celestino Sardiña Navarro, xunto co que o prenderon e fusilaron.

Secretario de Esquerda Republicana (ER) en Pontedeume.

Fuxido. Paseado.

Morte rexistrada de madrugada, despois de ser detido xunto co seu irmán Celestino Sardiña Navarro e outros, polas forzas da Comandancia Militar de Pontedeume.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) na causa 264/36 polo delito de rebelión militar.

Segundo a prensa “En la madrugada de ayer, al ir las fuerzas del destacamento de Pontedeume a recoger armas ocultas señaladas por varios detenidos, al llegar a las inmediaciones de Vilasuso, término de Capela, las fuerzas fueron recibidas con descargas cerradas por los extremistas, viéndose la fuerza obligada a repeler la agresión, resultando muertos”: Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue, Celestino Sardiña Navarro e Ramón Sardiña Navarro, que habían aprovechado la confusión para darse a la fuga. Los cadáveres fueron enterrados en el cementerio de Capela». (El Ideal Gallego, 19/08/1936). Os franquistas aplicáronlles a Lei de Fugas.

Morte rexistrada a causa de feridas de bala en Vilasuso, Santiago da Capela, A Capela. Os catro cadáveres apareceron no cemiterio da Capela, lugar no que os soterraron.

Segundo oficio do 22/08/1936 do Goberno Civil «informa el Jefe de la Línea de la Guardia Civil de Puentedeume, en la madrugada del día 18 resultó muerto en dicho punto al intentar su fuga en ocasión de ser conducido por fuerzas de Falange».

Asasinados polo miliciano Francisco Fernández Vales e o garda civil Francisco Lasen Colina nas mesmas portas do cemiterio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha