Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 31 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Marín (Pontevedra).
Militante da CNT e membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Ribeira. Membro da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Encarcerado. Morte na cadea.
Despois do movemento golpista foxe en barco a Santa María de Corrubedo, Ribeira (A Coruña), onde o prenderon os falanxistas.
Segundo os mesmos falanxistas fixo fronte aos sediciosos en Marín e acusárono de facer requisas, instalar unha radio no teatro de Corrubedo, propalar novas falsas e ameazar á xente de orde.
Os franquistas acusárono de “conduta pésima...comunista exaltado, levantisco e perturbador” e prendérono en Ribeira, despois de fuxir de Marín.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o día 28/10/1936. Tentou fuxir o día 5 de decembro e morreu afogado, con el tentábao tamén Rufino Miranda Cabral, o Rodal, ao que prenderon e fusilaron.
Xulgado en consello de guerra polo delito de rebelión, na causa 593/36, suspéndense as actuacións ao notificarse a súa morte por afogamento(o seu corpo apareceu na praia de Cesantes, Redondela), cando tentaba fuxir da Illa de San Simón, onde o confinaran.
O seu cadáver apareceu o día 17/12/1936 na praia de San Pedro de Cesantes, Redondela (Pontevedra).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.