Nacemento:
Morte:
Latoeiro, fontaneiro e vidreiro, 29 anos. Veciño da Silva, na Coruña. Eran oito irmáns, un deles Marcelino Seijas Díaz, tamén encarcerado, e de Fernando Seijas Díaz, fuxido.
Militante da CNT, das Xuventudes Libertarias (XXLL), do Centro de Estudos Sociais Germinal e da Federación Anarquista Ibérica (FAI), no grupo Hierro.
Formou parte do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio da Silva, na Coruña.
Fuxido. Encarcerado.
Participou na defensa da Coruña fronte aos sublevados e detivérono o día 21/08/1936.
Liberado ao prometer que faría de confidente, foxe a Francia en outubro de 1936 nun pesqueiro con outros cenetistas e membros das XXLL.
Volveu a España e pasou por Bilbao (Biscaia) e chegou a Xixón (Principado de Asturias). En novembro de 1936 incorporouse ás milicias voluntarias. En abril de 1937 achábase no 8º Batallón de Asturias.
En maio de 1937, cando tiña o grao de sarxento, apresárono os fascistas. Pasou por un batallón de traballadores e, logo, internárono na Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 10/07/1939 polo delito de rebelión militar, na causa 1320/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, puxérono en liberdade condicional provisoria o día 01/03/1943, que se publicou no BOE nº 81 do día 22/03/1943.
Entre 1945 e 1946 colaborou coa guerrilla cenetista coruñesa antifranquista e prendérono en 1947.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) no ano 1948, na causa 156/47, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Internárono no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria) ata 1962, ano no que o deixaron en liberdade.
Morreu na Coruña dun cancro de estómago.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.