Nacemento:
Morte:
Profesor, 22 anos. Casou en 1937 en Valencia con María-Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón, xornalista. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Licenciado en Dereito, Matemáticas e Filosofía e Letras; profesor de Historia Moderna e Contemporánea na Academia Xelmírez e catedrático de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). No ano 1936 consegue a cátedra de Historia no Instituto Maragall de Barcelona.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela desde 1929 e presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) desta cidade de 1931 a 1933.
Afiliado á Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) desde febreiro de 1936.
Exiliado.
Na guerra civil pertenceu á Columna Mangada, xefe de batería en Madrid; tamén exerceu de comandante de Artillería na 3ª División en Belchite e sería comandante principal de Artillería na Base Naval Secundaria de Rosas (Xirona).
Ao rematar a contenda española pasou a Francia; cruzou a fronteira o día 09/02/1939.
Exiliouse en México e chegou a Veracruz a bordo do Siboney o día 21/06/1939. No país americano traballou no Instituto Técnico Industrial de Tijuana.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.