← Volver atrás

Serpa Araque, José-Navidad

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Venezuela
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 24/07/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 27 anos. Veciño de Santa María de Carboeiro, Silleda (Pontevedra). Cuñado de José Fares Fidalgo, o Fares, encarcerado e desaparecido. Trasladouse a España co seu cuñado nos anos trinta. Obreiro nas minas de Fontao, Silleda.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Despois do golpe militar fuxiu durante un tempo e agochouse no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro co seu cuñado o Fares. Remataron os dous prendidos polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 289/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

A mesma sentenza se ditou neste xuízo para o seu parente José Fares Fidalgo.

Internárono no penal do Forte de San Cristóbal, no que se rexistra o seu pasamento a causa de paludismo.

Soterrárono nunha fosa común en Elcarte, Berrioplano (Navarra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha