← Volver atrás

Serrano Nogueira, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Vicente de Vilaboa, Valdoviño
(A Coruña)
- 30/06/1921 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Móstoles
(Madrid)
- 03/08/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 15 anos. Veciño de Vilaboa.

Exiliado. Encarcerado.

Despois da guerra civil pasou a Francia e ingresárono no campo de Argelès-sur-Mer; en xuño de 1939 enviárono ao campo de Vernet d'Ariege.

Vivía no exilio en Francia cando comeza a II Guerra Mundial. Os franceses destinárono á 8ª Compañía de Traballadores Estranxeiros, á 32ª Compañía de Traballadores Estranxeiros e á 33ª Compañía de Traballadores Estranxeiros.

Preso dos nazis en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), ao que chega o día 13/12/1940. Trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria), onde o ingresaron o 20/10/1941 e a Sachsenhausen (barrio de Frankfurt, Alemaña) en outubro de 1942.

Liberado polos aliados o día 01/05/1945.

Volveu a España o 31/01/1965.

Outras fontes dan como lugar de nacemento Vilaboa, Santa María de Rutis, Culleredo (A Coruña)).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha