Nacemento:
Morte:
Panadeiro, 25 anos. No ano 1934 casou en Ribadesella con María-Luisa Blanco Bastián; tiveron dous fillos: Antonio e Ramón. Veciños de Ribadesella.
Militante da UXT.
Encarcerado. Executado.
No mes de marzo de 1937 mobilizouno o exército republicano.
Prendérono os franquistas, que o tiñan declarado prófugo por non presentarse a filas co seu reemprazo de 1931. Pasou por varios campos de concentración e batallóns de traballadores; licenciárono en xullo de 1939.
Co tempo acusárono de rebelión militar e, despois de pasar por outras cadeas, ingresárono na Prisión da Escollera, Ferrol (A Coruña), o día 15/06/1940.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol, o día 04/12/1941, co resultado de sentenza a pena de morte. O mesmo tribunal solicitou no mesmo acto a conmutación da pena pola de cadea perpetua. O auditor opúxose á conmutación, o capitán xeral Francisco Moreno Fernández dou o visto e prace á pena capital, que confirmou o seu irmán Salvador Moreno Fernández, entón Ministro da Mariña.
Fusilárono na Punta do Martelo do Arsenal ferrolá, ás 07:00 h, por un piquete da Infantería de Mariña.
Soterrárono no cemiterio municipal de Canido, en Ferrol.
Morte anotada no Rexistro Civil ferrolá, o día 02/02/1942, a causa de feridas producidas por arma de fogo.
No ano 1954 o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo certificou a súa pertenza ao Comité do Principado de Asturias do Socorro Rojo Internacional (SRI), á UXT e ao Partido Comunista.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.