Nacemento:
Morte:
Barbeiro, escritor, xornalista, político e sindicalista, 27 anos. Casou con Carmen Pérez Martínez o día 21/10/1935; tiñan un fillo. Veciños da rúa de Galicia en Ribeira.
Secretario xeral da UXT de Ribeira. Membro de Xuventude Cultural Republicana. Militante do PSOE.
Colaborou en La Lucha, RAIG e Ser.
Executado.
Formou parte do Comité de Defensa da República en Ribeira con, entre outros, Manuel Fernández Sendón e Marcial-Vicente Iglesias Rodríguez; resistiron ata o día 28/07/1936. Prendérono os fascistas o día 28 de xullo, cando a localidade cae nas mans das tropas rebeldes que procedían de Marín (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 21/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 456/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Este tribunal condenou á pena de morte a: Manuel Fernández Sendón, Marcial-Vicente Iglesias Rodríguez, José Lijó Louro, Eugenio Rodríguez Bilbao, José-Ramón Sieira González e Julio Silva Vilas.
Fusilárono os golpistas no cemiterio de Boisaca.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.