Nacemento:
Morte:
Militar, 57 anos. Tenente coronel de Infantería, comandante militar de Ourense no ano 1936 e xefe da Zona de Recrutamento desta cidade.
Golpista. Represor.
Cando se produce o golpe dos rebeldes, o luns 20 de xullo, era o xefe da Caixa de Recrutamento nº 52 e comandante militar de Ourense; asinou a declaración do estado de guerra na cidade de Ourense.
O comandante José Ceano Vivas-Sabau, xefe do Batallón de Infantería de Ourense, formado por 600 homes, sacou as tropas á rúa e só tivo un conato de resistencia socialista na zona de Posío, en Ourense. O día 23 de xullo xa toda a cidade estaba baixo o control dos rebeldes.
Tivo especial intervención nos primeiros días do golpe dos rebeldes en Ourense, xunto con José Ceano. Moitos oficiais da guarnición ourensá, incitados pola Unión Militar Española (UME), tamén era partidarios do golpe. Ademais contaron coa colaboración dos conservadores tradicionalistas, os carlistas e os falanxistas.
Durante o golpe militar en Ourense, José Ceano ordenou a toma dos edificios públicos e estratéxicos da cidade e responsable de moitos actos de represión en toda a provincia.
Ascendérono a coronel en decembro de 1936.
Entre outros "méritos" correspóndelle o de ter dado o tiro de gracia á única muller executada no Cuartel de San Francisco en Ourense, Erundina Álvarez Pérez, Undina, o día 30/09/1936.
Tempo despois nomeárono gobernador civil de Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.