← Volver atrás

Souto Campos, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Cuntis
(Pontevedra)
- 09/07/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 28/11/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, escultor e pintor, 29 anos. Veciño da Estrada (Pontevedra). No ano 1933 era profesor de Debuxo no Instituto de Mieres (Principado de Asturias) e, logo, de Debuxo no Instituto da Estrada ata o ano 1936. No curso 1937/38 era profesor no Instituto de Igualada (Barcelona). Desenvolveu unha longa carreira como escultor.

Militante do Partido Galeguista (PG).

Depurado. Exiliado. Encarcerado.

Depurado polos franquistas como profesor de instituto.

No ano 1939 pasou a Francia e internárono no campo de concentración de Perpiñán (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Nese mesmo ano 1939 exiliouse en México, onde casa con María Aliseda Olivares (Don Benito, Badaxoz); tiveron dous fillos.

Exiliouse en México país ao que chegou, no buque Mexique, o día 27/07/1937 ao porto de Veracruz. Alí adicouse á ensinanza e desenvolveuse como un gran escultor e profesor. Foi un dos fundadores da Alianza Nacional Galega (ANG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha