← Volver atrás

Suárez Cuesta, Paulino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Pola de Laviana
(Principado de Asturias)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 02/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante, 34 anos. Casado con Celsa Pereda González (Principado de Asturias), fuxida e exiliada coa súa filla Dorita-Paulina. Veciños de Xixón (Principado de Asturias).

Correspondente do xornal socialista asturiano Avance.

En 1927 elixírono presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) da súa localidade. Militante do PSOE e da UXT.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, polo que foxe a Francia e alí permanece ata o triunfo da Fronte Popular (FP).

Alcalde de Laviana despois do triunfo da Fronte Popular (FP) e comandante desa praza ata a caída do Principado de Asturias.

Executado.

Cando se produce o alzamento uniuse aos mineiros que acudiron en tren na defensa de Madrid. Comandante militar de Pola de Laviana e comisario político de Fortificacións.

Despois da caída da Fronte Norte arrestárono os franquistas e internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 08/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas no Forte do Castro, en Vigo, e soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Pereiró.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha