Nacemento:
Morte:
Labrego, canteiro, carpinteiro, gaiteiro e político, 44 nos. Casou en Limeres, con Josefa Bouzas Cortizo; tiveron varios fillos. Veciños de Limeres. Emigrou aos Estados Unidos en 1919 e volveu en 1929.
Presidente da Sociedade de Labregos e Obreiros de Lourido. Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), en xuño de 1931 era alcalde de Cerdedo, cargo que desenvolve ata decembro de 1932. Elixido de novo alcalde nas eleccións do 23/04/1933. No mes de outubro de 1933 pasouse ao Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI).
Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 cesárono como alcalde e prendérono o día 11/10/1934 por ditar un bando declarativo do estado de guerra no concello. Liberárono o día 14/12/1934 logo de depositar unha fianza de 1000 pesetas.
Despois o PRRSI integrouse en Esquerda Republicana (ER) e coa vitoria da Fronte Popular (FP) repuxérono na alcaldía en febreiro de 1936.
Procesado.
Despois do movemento golpista procesárono na Estrada (Pontevedra) acusado de falsidade e co resultado de sentenza de absolución.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.