← Volver atrás

Sueiro Iglesias, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

Limeres, San Xoán de Cerdedo, Cerdedo
(Pontevedra)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 31/01/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, mestre e político, 46 anos. Casado con Carmen Martínez Padrón; tiveron tres fillos e unha filla: Francisco, José, Gerardo e Paz. Veciños de Ourense. Trasladouse a Ourense de mozo, onde traballou de carpinteiro para poder pagarse os estudos de Maxisterio, que remataría no ano 1915. No ano 1919 fundou unha academia en Verín (Ourense).

Director en Ourense da Academia General, que era da súa propiedade.

Colaborador de Nuevo Támega e de Escuela del Trabajo.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) na II República e afiliado da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO). Candidato polo PRRS nas eleccións xerais do ano 1933, sen ser elixido. Vogal da Comisión Provincial da Beneficencia en abril de 1936.

Fuxido. Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar achábase na casa familiar en Limeres. Foxe case que dous anos, protexido polo cabo da Garda Civil de Cerdedo Avelino Sánchez, quen lle aconsellou que se agochara na súa casa co seu fillo José.

Despois de pasar ese tempo protexido polos seus veciños e polo cabo Sánchez, entregouse ás novas autoridades franquistas.

Ingresárono na cadea de Ourense o día 28/04/1938 e alí pasou uns meses.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de inhabilitación para exercer a docencia.

Embargáronlles a academia da súa propiedade e a súa conta bancaria.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha