Nacemento:
Morte:
Empregado municipal. Veciño da Coruña. Operario da limpeza pública no Concello da Coruña.
Depurado.
Na relación do ano 1947 cítase que «Por haber tomado parte contra el Movimiento, destituido sin expediente».
Era axudante de rego na cuadrilla de limpeza e non se presentou, o día 21/07/1936, ao seu posto de traballo. Como dita falta considerábase desacato penado coa destitución, segundo as prevencións dos bandos de guerra, o alcalde Fuciños abriulle un expediente sumarísimo aclaratorio o 25/07/1936. Nese mesmo día incorporouse ao traballo xustificando a súa ausencia en que estaba de visita familiar na aldea de Cela, en Cambre e que non puido regresar por temor a unha agresión.
A escusa aceptouse nun principio, pero días despois, o 01/09/1936 prendérono no traballo e o seguinte día 3 ingresárono na Prisión Provincial, segundo un oficio do Goberno Civil porque «de un atestado que se ha instruido por la Guardia Civil de esta capital se desprende ha tomando parte en el movimiento contras las Fuerzas del Ejército».
Destituído polo alcalde Fuciños o día 10/09/1936 porque «no es merecedor de confianza de la Autoridad por sus antecedentes y sus sospechosas actividades».
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.