Nacemento:
Morte:
Industrial panadeiro, 31 anos. Casado con María Carral, de Carballo; tiñan un fillo: Mario. Veciños da rúa Orzán, 157 baixo, na Coruña. Era fillo dun labrego de Betanzos; outros irmáns eran Daniel, Elisa e Pura, que vivirían na rúa Ribeira, 30, en Betanzos. Irmán de Julio Teijo Fernández, tamén paseado. Propietario dunha panadería-leitería na rúa do Orzán, na Coruña.
Militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT. No ano 1936 era presidente do Centro de Estudos Sociais Liberación do Peruleiro, A Coruña.
Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Paseado.
Infórmase da súa morte por causas violentas nun proceso militar aberto na Coruña o día 21/09/1936.
Os seus familiares descoñecen o lugar onde e data no que o asasinaron; cren que ocorreu pola zona do Ulla ou de Cacheiras antes de setembro de 1936, xa que tería escapado cara a zona de Santiago de Compostela (A Coruña).
Sobre el hai unha referencia que procede da Xefatura de Investigación e Vixilancia da Coruña, do día 14/10/1936 “...Pedro, de oficio panadero, parece ser un panadero que también apareció muerto por violencia y que se llama Pedro Teijo”.
Algúns familiares pensan que sería asasinado polos seus idearios políticos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.