← Volver atrás

Tenreiro Rodríguez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 05/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 31/05/1972 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Arquitecto, 43 anos. Casou en 1920 con Mathilde Brochón Reinmann; tiveron dúas fillas e dous fillos: Rosa, Antonio, Magdalena e Ramón. Veciños da Praza de Ourense, 23-3º, na Coruña. Estudou na Escola Superior de Arquitectura de Madrid e rematou no ano 1919. A súa obra máis coñecida é a sede do Banco Pastor na cidade herculina que comenzou no ano 1920. No ano 1930 era arquitecto municipal no Servizo de Edificacións do Concello da Coruña.

Socio do Casino Republicano coruñés.

Depurado.

Un ano despois do golpe militar suspendérono do cargo de arquitecto municipal e abríronlle un expediente pola súa militancia republicana e ultraxe á bandeira. Á familia expropiáronlle moitas propiedades.

A Comisión Permanente do día 14/10/1937 estudou o expediente que se lle abrira o 23/09/1937 «por sus relaciones con significados elementos políticos del llamado Frente Popular, y actos realizados, con anterioridad al advenimiento del Glorioso Movimiento Salvador de la Patria, para menospreciar la gloriosa Bandera española. Y visto el informe emitido […] en el que se consideran como ciertos los hechos que se imputan al señor Tenreiro Rodríguez, y por lo tanto comprendido a éste en los preceptos del Decreto nº 108 de la Junta de Defensa Nacional, por lo que se propone su destitución, la Comisión Permanente acordó por unanimidad prestar su aprobación a la referida propuesta y en su virtud destituir de su cargo al arquitecto municipal don Antonio Tenreiro Rodríguez».

Con posterioridade o Pleno do Concello, na súa sesión extraordinaria do 13/11/1937, reunido de xeito exclusivo para resolver o seu expediente administrativo, acordou tamén a súa destitución por faltas cometidas no desenvolvemento do seu cargo como arquitecto: «Visto el expediente instruido por acuerdo de la Corporación contra los arquitectos municipales D. Antonio Tenreiro Rodríguez y D. Santiago Rey Pedreira para depurar las responsabilidades en que hayan podido incurrir en el desenvolvimiento de su función técnica […] tras examinar los cargos formulados y las circunstancias que en ellos concurren, [o xuíz] considera al Sr. Tenreiro Rodríguez como autor de dos faltas leves y dos de carácter grave, siéndole aplicable la quinta de las que enumera el artículo 194 de la vigente Ley Municipal de 31 de Octubre de 1935, en atención a lo que propone sea sancionado con destitución de su cargo».

Na relación do ano 1947 resaltan como causa da destitución: «Por haber en abril de 1931 cogido en sus manos la bandera bicolor y hacer burla fingiendo toreo, rasgándola después».

No ano 1942 condenárono a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza.

Rehabilitárono a finais dos anos corenta e no ano 1963 deixou o emprego de arquitecto municipal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.