← Volver atrás

Testa Ventosela, Quintín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 11/11/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 24 anos. Casado coa zaragozana Elena Carnicer Marín (Ricla, Zaragoza). No ano 1927 trasladouse a Bilbao (Biscaia) e traballo na empresa Gogebola e Aranzábal.

Membro da UXT de Bilbao desde 1932 e afiliado ao PSOE en Santander (Cantabria).

Exiliado.

Cando se desata a guerra civil achábase a traballar en Villarcayo (Burgos), onde o prenderon e ingresaron na prisión de Burgos.

Os golpistas incorporárono á Lexión no Rexemento de Villarrobledo e o día 18/07/1937 evadiuse á zona republicana por Quintanilla de las Peñas (Cantabria). Ingresou no PSOE santanderino e incorporouse ao exército republicano no 235º Batallón, 10ª Brigada, 4ª División do III Corpo de Exército de Asturias. Combateu nas frontes de Cantabria e do Principado de Asturias co grao de tenente de Infantería; ferírono en combate e evacuárono a Cataluña, onde traballou nos servizos auxiliares nunha prisión.

Cruzou a fronteira cara Francia o día 28/01/1939 e ingresárono no campo de refuxiados de Montoliu (Aude, Francia) desde o que solicitou emigrar a México.

O día 24/05/1939 embarca coa súa dona no Sinaia e chegaron a Veracruz (México) o día 13/06/1939.

Trasladáronse a México DF e traballou en Vulcano Construcciones Mecánicas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha