Nacemento:
Morte:
Camareiro, boxeador e político, 23 anos. Veciño de San Xoán de Serres, Muros. No ano 1936 foi campión galego do peso galo de boxeo. Camareiro marítimo.
Elixido polos seus compañeiros delegado de pesca en Muros. Militante da UXT.
Encarcerado. Exiliado.
Colaborou na requisa dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa nos que fuxiron 47 republicanos de Muros e Noia desde Muros a Portugalete (Biscaia); contou para iso coa axuda de Juan Martínez Vidal, o Rola.
Despois agochouse na casa Dios Divon de Dolores Barreiro Díaz, onde o descubriron e detiveron o día 17/12/1936, encarcerárono en Muros e enviárono á Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña con outras persoas o día 15/02/1937 polo delito de rebelión, na causa 1206/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.
Internárono na Prisión Provincial da Coruña.
Pasou sete anos na cadea, volveu a Esteiro (Muros), sancionouno a Fiscalía de Taxas en 1943 con 1000 pesetas e volveu a boxear en 1945.
No ano 1947 foxe nun barco desde Esteiro cara Francia, instalouse en Arcachon, Aquitania (Francia), onde casou e refixo a súa vida.
Algunhas testemuñas sinalan que foi o responsable da desaparición do xefe de máquinas do barco no que escapou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.