← Volver atrás

Tizón Aguilar, Roberto

Alcume: o Ruso
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Médico, 43 anos. Casou coa rusa Eva Dainow. Licenciado en Medicina e Cirurxía no ano 1920 pola Universidade de Valladolid. Na II República exerceu de odontólogo no Carballiño (Ourense).

Depurado Exiliado.

Os franquistas obrigárono a marchar de Ourense no ano 1937. Pasou á Coruña, Xenebra (Suíza) e París (Francia).

No ano 1938 incautáronlle os bens e a biblioteca.

No ano 1939 iniciaron na súa contra un expediente de depuración baixo a acusación de ser un pronunciado marxista.

No ano 1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno a oito anos de inhabilitación especial para cargos públicos do Estado, a Provincia, o Municipio..., catro anos de desterro a máis de 100 quilómetros do Carballiño e a unha multa de 1500 pesetas.

Instalouse en Madrid e, segungo certas fontes, exiliouse en Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha