← Volver atrás

Torrado Atocha, Adolfo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 05/10/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 60 anos. Veciño da Coruña. Coronel de Artillería, en 1936 era o xefe do Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, da 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica da guarnición da Coruña.

Encarcerado. Depurado.

Detido na Capitanía Xeneral o día 20 de xullo co xeneral xefe da VIII División Orgánica, Enrique Salcedo Molinuevo, no momento do golpe dos rebeldes e por mor de manterse fiel á República e non sumarse ao golpe.

Internado no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña), desde o día 06/08/1936, coincidindo en prisión con Salcedo Molinuevo e con Rogelio Caridad Pita.

Xulgado en Ferrol en consello de guerra sumarísimo o día 24/10/1936 polo delito de traizón, na causa 413/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste xuízo procesaron a Enrique Salcedo Molinuevo, xeneral de división e condenado á pena de morte; a Rogelio Caridad Pita, xeneral de brigada e condenado á pena de morte e ao coronel de Artillería, Adolfo Torrado Atocha, condenado a cadea perpetua e accesoria de perda do emprego.

O fiscal do procedemento era o auditor militar Hernán Martín-Barbadillo Pául, que solicitou a pena de morte para os dous xenerais por traizón e prisión maior a morte para o coronel por desobediencia de rebeldes ou sediciosos. Na vista non se fixeron interrogatorios nin a testemuñas nin aos propios acusados.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de 15 anos de prisión.

Dérono de baixa no Exército.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha