Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 33 anos. Veciño de Santa María de Beluso, Bueu. Carpinteiro de ribeira que traballaba na praia de Beluso.
Secretario do PCE e militante da UXT en Bueu. Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de 1936 nomeárono membro da xestora de Bueu, cargo ao que renunciou.
Paseado.
Participou na expedición que tentou acudir na defensa da República en Pontevedra fronte aos golpistas.
Logo do triunfo rebelde, rexeitou agocharse e arrestárono o día 08/08/1936.
Procesado na causa 1363/36 polo intento de voadura da ponte de Beireses, en Santa María de Ardán, Marín (Pontevedra).
Morte rexistrada en Pontevedra por mor de disparo de arma de fogo que lle produciu destrución cranial.
Os gardas que o custodiaban dixéronlle, no mes de setembro, que quedaba libre para ir á súa casa; obrigárono a ir pola rúa Pazos Fontenla e, á altura da Estacada, agardárono para asasinalo.
O seu cadáver apareceu na Ermida, San Miguel de Marcón, Pontevedra (Pontevedra), nunha beirarrúa da estrada a Ponte Caldelas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.