Nacemento:
Morte:
Escribinte, 39 anos. Veciño da rúa Porta de Aires, 19-1º, na Coruña.
Encarcerado.
A primeiras horas do día 17 de xullo de 1936 chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación. Francisco Pérez Carballo, gobernador, recibía instrucións do Goberno para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para a defensa da legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, e organizou o Comité de Defensa da República, igual ao que se formara en todas as cidades e pobos de España.
O comité da Coruña formábao o propio gobernador e: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da cidade e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, do PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER, e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER.
Despois do triunfo da sublevación militar figuraba como fichado pola policía represora e considerado comunista.
Detido polos fascistas e ingresado na prisión do Castelo de San Antón, na Coruña.
Nun informe policial aparece manuscrito a lapis unha D (detido).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.