← Volver atrás

Torres Picón, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e sindicalista, 34 anos. Casado en 1932 con Victoria García Meijide; tiveron tres fillos e dúas fillas: Manuel, Mercedes, Felipe, Antonio e Dolores.

Afiliado da CNT desde 1928. Representou ao Sindicato de Zoqueiros de Santiago de Compostela no pleno rexional de febreiro de 1933 nesta cidade. En maio de 1935 elixírono tesoureiro do Partido Sindicalista (PS).

Encarcerado.

Militante da CNT clandestina en Santiago de Compostela, participou na organización dos comités de Vigo (Pontevedra) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En Maio de 1947 participou nunha tentativa de artellar a Federación Local santiaguesa en colaboración con Miguel Sangenís Sabater, Santelices.

Prendérono os franquistas.

Xulgado o día 01/06/1948 en consello de guerra en Vigo, na causa 156/47, co resultado de sentenza a tres anos de prisión menor.

Tamén condenaron a tres anos neste procedemento a Amparo Rivas Comesaña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha