← Volver atrás

Touza Domínguez, Amparo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Protectora

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ribadavia
(Ourense)
- 06/02/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Taberneira, 44 anos. Solteira. Veciña da rúa Xuíz Viñas, 2, en Ribadavia. Irmá de María-Dolores Touza Domínguez e de Pilar Touza Domínguez. Coas súas irmás xestionaba o casino de Ribadavia e unha cantina na estación de tren desa mesma localidade.

Protectora.

Participou na creación dunha rede clandestina de evacuación de persoas perseguidas polos nazis. En colaboración co cónsul portugués Arístides Sousa, que asinaba visados a persoas xudeas, belgas, polacos, alemáns..., prepararon a rede de fuxida. A maioría dos fuxidos chegaban a estación de Ribadavia nos trens da liña Hendaia-Vigo, Lola e as súas irmás agochábanos e alimentábanos na cantina ou no soto da súa casa ata que os puideran pasar a Portugal. Na rede participaron os taxistas José Rocha Freixido e Javier Míguez, o Calavera; os barqueiros Francisco Estévez e Ramón Estévez e o toneleiro e intérprete Ricardo Pérez, o Evanxelista. No momento axeitado, entre 1941 e 1945, sacaron de España a preto de 500 persoas, ben en taxi ou simulando unha saída de pesca e cruzábanos en barcas cara Portugal. Lola entregáballes aos evacuados dous alfonsinos de prata para facer fronte aos gastos no país luso; eran parte dos beneficios que sacaban das festas no casino que rexentaban.

A estación de Ribadavia era coñecida como Estación Libertad e Lola como La Madre. Gardaron o segredo ata o pasamento das tres polo medo as represalias. Esquivaron as pesquisas dos axentes franquistas e da Gestapo. Axudaron a escapar unha media de dúas persoas por semana.

As irmás tamén axudaron a presos da guerra civil, aos que lles achegaron comida.

Coñecidas como as Schindler galegas e recoñecidas polo goberno israelí como Justas entre las Naciones.

Soterrárona no cemiterio de Ribadavia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha