← Volver atrás

Troncoso Fernández, Ramón

Alcume: Piel Roja
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Covelo
(Pontevedra)
- 28/08/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mexico DF
(México)
- 26/11/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 38 anos. Casou en Ponteareas (Pontevedra) o día 28/11/1927, con Carmen Estévez Galindo; tiñan dous fillos e unha filla: Antonio, María del Carmen e Ramón. Veciños de Ponteareas. Adicouse ao comercio, paquetería e confeccións na tenda do seu pai.

Membro desde 1921 do Sindicato de Oficios Varios e Dependentes de Comercio, da UXT, en Ponteareas. Un dos fundadores en 1929 da Agrupación Socialista (AS) de Ponteareas da que chegou a ser presidente. Concelleiro e tenente de alcalde da sua localidade e deputado provincial.

Detido pola súa participación a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, o seu caso rematou sobresido.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o movemento golpista agochouse en Gondomar (Pontevedra), na casa duns parentes e logrou pasar a Cataluña.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) e condenado á pena de morte en rebeldía.

No ano 1939 achábase en Barcelona, onde foi un dos fundadores do Grupo Socialista Gallego de Refuxiados, funcionario da Caixa Xeral de Reparacións do Ministerio de Facenda, formou na 1ª Compañía do 39º Batallón de Carabineiros, 228ª Brigada Mixta, 62ª División do XI Corpo de Exército do Exército do Este; recibiu axuda dos emigrantes de Ponteareas en Bos Aires (República Arxentina) para poder sobrevivir.

Pasou a Francia o día 05/02/1939, confinárono no campo de refuxiados de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e logo viviu en Lagny-sur-Marne (Sena e Marne, Francia).

Finalmente marchou ao exilio en México, no barco Flandre e chegou a Veracruz o día 31/05/1939. En México sería un dos fundadores da Alianza Nacional Galega (ANG) en 1943 e dirixiu o xornal Galicia; desenvolveuse como comerciante.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha