Nacemento:
Morte:
Zapateiro, panadeiro e labrego, 26 anos. Casou en San Pedro de Bealo, Boiro, con María Triñanes Resúa, da que enviuvou ao pouco de casar; tiveron dous fillos. Veciños de Bealo.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe militar rebelde formou nas partidas de defensa, que organizara o Comité de Defensa da República de Boiro para a requisa de alimentos, armas e explosivos. Participou no asalto á reitoral de San Cristovo de Abanqueiro, Boiro, e na voadura da ponte do río Beluso para impedir o avance das tropas rebeldes; tamén realizou gardas no concello.
Cando o exército sublevado tomou a súa vila o 26 de xullo foxe e perseguírono; agochouse no monte, no que permaneceu uns tres meses.
Os falanxistas deron con el o 15/10/1936 no monte Castro, preto de Ourille e despois do aviso dalgúns veciños da contorna. Alí asasinárono.
Morte rexistrada en Taragoña por mor dunha hemorraxia interna.
A súa familia soterrouno no cemiterio de Taragoña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.