Nacemento:
Morte:
Labrego, 43 anos. Casado con Carmen Romay Cortés, tamén encarcerada; tiñan tres fillos. Veciños da rúa Caraña de Abaixo, 23, en Betanzos.
Militante da CNT.
En abril de 1936 a José retivérono, do día 18 ao 21, na cadea de Betanzos por tenencia de armas.
Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.
Andou fuxido mentres durou a guerra civil. Ocultouse polos montes dos arredores durante case toda a contenda e a familia facíalle chegar alimentos a través do seu fillo maior Manolo, duns dez anos. Para premelo prenderon a súa dona Carmen e el rematou por presentarse diante dos franquistas coa promesa de que a muller quedaría en liberdade
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 21/11/1939 polo delito de rebelión, na causa 1048/39, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.
Morte rexistrada na Prisión Provincial da Coruña.
Soterrárono o día 16 de xaneiro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Á súa dona non a liberaron e sufriu cadea en El Dueso, Santoña (Cantabria), mentres aos fillos os atendían os familiares.
No folleto Betanzos honra a sus mártires dise que José faleceu polas penalidades que pasou mentres andou á fuga e pola fame e a miseria que pasou na cadea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.