← Volver atrás

Valdés Cavanilles, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Villaviciosa
(Principado de Asturias)
- 01/01/1874 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 13/04/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 62 anos. Viúvo desde o día 19/05/1933; tiñan cinco fillos. Militar de Estado Maior; en abril de 1913 era comandante. En 1924, xa co grao de coronel, enviárono a Larache (Protectorado de Marrocos) como xefe do Estado Maior da Comandancia. No ano 1927 era xeneral de brigada e, en maio de 1931, acolleuse á Lei Azaña e pasou á reserva.

Golpista.

Participou no golpe de Estado contra a República e, en agosto de 1936, nomeárono gobernador militar de Salamanca. Quedou ao mando do sector norte dos rebeldes na fronte madrileña. En decembro de 1936 era Gobernador Xeral da Xunta Técnica do Estado. Tivo diferenzas con certos actores da represión franquista.

Tras da disolución da Xunta Técnica en xaneiro de 1938 e pola súa idade non volveu a ocupar postos de relevancia.

Nalgunhas fontes aparece como Cabanillas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha