← Volver atrás

Valladares Fernández, Otilia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

La Plata
(República Arxentina)
- 01/01/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 24 anos. Casou no ano 1923 co mestre, avogado, xornalista e intelectual José Núñez Búa. Veciños de Vigo (Pontevedra). Era filla do cónsul de Brasil en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). O seu home, no ano 1923, dirixía o Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa; tamén exerceu de docente no Colexio Labor en Vigo e, no ano 1935, deixa a ensinanza e marcha a Vigo para exercer como avogado.

José era membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG) e colaborador de Nós, Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista (PG), foi presidente do grupo galeguista en Vilagarcía de Arousa e secretario de propaganda. No ano 1936 Núñez Búa era concelleiro de Pontevedra e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Exiliada.

Cando se produce o golpe militar ao seu home arrestárono e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), onde estivo dous meses; José consegue fuxir a Portugal, de onde pasa a Bos Aires (República Arxentina) no mes de outubro de 1936 no barco Monte Sarmiento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha