← Volver atrás

Valle Vázquez, José del

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

Santa María de Sabadelle, Chantada
(Lugo)
- 08/03/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Málaga
- 07/01/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 20 anos. Casou no ano 1950 con María-Teresa Chousa García; tiveron sete fillos e unha filla: José-Maria, Santiago, Carlos, Fernando, Antonio, María-Teresa, Darío e Javier.

Requeté desde moi novo. Militante de Comunión Tradicionalista Carlista, na que ingresou no ano 1931.

Colaboracionista.

Durante a guerra combateu ao lado do exército rebelde, como tenente da Lexión Española; ferírono en combate e obtivo a condición de cabaleiro mutilado.

Xestor da Deputación Provincial da Coruña, delegado comarcal de Información e Investigación de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) e alcalde de Santiago de Compostela (A Coruña) de 1941 a 1943.

O día 17/01/1943 impuxéronlle na Coruña a medalla da “Vieja Guardia” xunto a outros 63 falanxistas.

Procurador nas Cortes franquistas en 1943-1944. En outubro de 1943 nomeárono xefe provincial do Movimiento e gobernador civil de Cuenca. Gobernador civil de Lugo de 1948 a 1957. Administrador de Bens da Diocese de Lugo e xerente de Radio Popular na capital luguesa.

Morreu dun infarto nunha viaxe en barco entre Melilla e Málaga.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha