← Volver atrás

Vallo García, Alfredo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado.

Nacemento:

Pregontoño, San Vicenzo de Burres, Arzúa
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponte de San Xusto, San Cristovo de Dombodán, Arzúa
(A Coruña)
- 27/07/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 30 nos. Casou con Amalia Camino Bahamonde; tiveron tres fillos e tres fillas: Ricardo, Carmen, Celia, Daniel, Eduardo e Celia. Veciños de Dombodán. O seu pai era mestre nacional. Entre os anos 1929 e 1934 emigrou ao Uruguai e á República Arxentina. Á súa volta rexentou unha taberna e unha serra en Dombodán.

Participou na campaña da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936. Mantivo enfrontamentos co cabo da Garda Civil Nemesio Hortas. Concelleiro de Arzúa en 1936 e vogal da directiva do PSOE desde abril de 1936.

Encarcerado.

Logo do golpe de Estado mantívose en agochos por un mes; salvou da detención grazas ao seu irmán Daniel, que era requeté.

Os franquistas sometérono a un expediente de responsabilidades políticas.

Prendérono no ano 1948 acusado de axudar á guerrilla antifranquista; con el detiveron a varios veciños de Arzúa e da comarca do Deza (Pontevedra).

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña, en marzo de 1949, polo delito de auxilio a malfeitores na causa 296/48, con outras 45 persoas. Condenárono a tres anos de cadea.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, da que sae en liberdade condicional en 1950.

Xa en liberdade desenvolveuse como contratista de obras.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha