← Volver atrás

Varela Amado, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Carballo
(A Coruña)
- 06/05/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre, 29 anos. Casado con Josefa Barcón; tiñan dous fillos: Manuel e José. Veciños de Carballo. Residiu en Ferrol ata 1935, onde era 2º maquinista da Mariña; nese ano retírase da Armada e regresa a Carballo.

Masón, deuse de baixa na súa loxa masónica no ano 1933.

Encarcerado. Exiliado.

Ao producirse o golpe militar detivérono o día 24/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 357/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Neste proceso condenaron a 20 anos de cadea a Manuel Varela Amado, a 15 anos a Baldomero Varela Amado e absolveron a José Solleiro Pita.

Desde abril de 1937 internárono na Prisión Provincial da Coruña.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e concédeselle a prisión atenuada desde o día 25/11/1940.

Cando sae da cadea adícase a ensinanza privada.

Xulgado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, o día 11/11/1943, puxérono en busca e captura no ano 1945. O día 20/10/1948 ábreselle outro expediente. Localizado en 1955, reábrese o seu caso.

Debido a esta constante persecución, o día 15/06/1956, solicitou poder ir para Brasil coa súa dona para reencontrase cos seus fillos.

O acoso non cesou ata o día 19/07/1959 en que, por fin, conseguen exiliarse en Brasil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha