← Volver atrás

Varela Radío, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 18/11/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 17/07/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 52 anos. Casado con Eugenia Pol Sánchez. Veciños de Santiago de Compostela. Director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela no ano 1932.

Presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela antes da proclamación da II República. Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e amigo de Santiago Casares Quiroga. Nomeado gobernador civil de Pontevedra o día 17/04/1931 e, logo, de Ourense do 05/08/1931 ata o 21/07/1932, cando o nomearon director do Hospital Clínico. Deixou a política ata que ingresou en Esquerda Republicana (ER).

Pertenceu á loxa Libredón nº 6 da capital compostelá.

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Despois do alzamento os franquistas cesárono no seu posto de traballo e castigárono coa incautación de bens.

Prendérono os fascistas en xullo de 1937 e procesárono por masón.

Xulgado en 1940 polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo co resultado de sentenza a 12 anos e un día de reclusión menor.

Pena ordinaria conmutada pola de seis anos de prisión maior.

Cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) de xaneiro a decembro de 1943. Ao saír confinárono en Pontevedra ata 1947.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha