← Volver atrás

Vázquez Albela, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 04/02/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Facía próteses dentais, 22 anos. Veciño de Tui (Pontevedra). Irmán de José Vázquez Albela, fuxido, e de Senén Vázquez Albela, tamén fuxido.

Militante da UXT e, desde 1928, das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Tui.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o movemento militar rebelde foxe cos seus irmáns cara Portugal. Detidos o día 27/05/1939, devolvéronos a España o día 28/07/1939. Volveron pasar a Portugal pouco tempo despois.

Os tres irmáns remataron novamente detidos o día 19/05/1940 acusados de estar implicados, con outros portugueses considerados comunistas, nun asasinato en Porto.

Por estes feitos condenárono en Lisboa (Portugal), o día 22/03/1941, a 28 anos de cadea.

Puxérono en liberdade o día 21/02/1960 co seu irmán José; Senén morreu na cadea en 1956 .

Trasladouse a Suíza co seu irmán José e ingresaron en 1960 no PSOE de Xenebra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha