Nacemento:
Morte:
Médico, 41 anos. Veciño de Ramirás (Ourense). Licenciado en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1923. Médico de Atención Pública Domiciliaria (APD) en Ramirás desde 1924 e durante case que medio século.
Simpatizante das esquerdas sen militancia. A Garda Civil acusouno en decembro de 1940 de pertencer ao Partido Republicano Radical Socialista ata o ano 1933. Entre 1931 e 1936 fixo propaganda en favor da República.
Depurado. Sancionado.
Nos primeiros momentos do golpe de Estado prendérono os franquistas cando volvía de Portugal de facer unhas xestións e liberado en Cortegada (Ourense). Salvouse do paseo polo aviso de persoas que o recoñeceron e estimaban.
En outubro de 1936 multárono, destituírono da súa praza de médico e desterrárono a Cualedro (Ourense) por case que tres anos.
En 1937 os falanxistas denunciárono diante do Tribunal de Incautación de Bens baixo a acusación de propagandista a favor da Fronte Popular (FP).
No ano 1938 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.
Ata o mes de abril de 1941 non recupera a súa praza de médico APD de Ramirás e parte dos bens que lle incautaran.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.