Nacemento:
Morte:
Empregado municipal, 27 anos. Casado con Dolores Rodríguez. Veciños da rúa Cormelana, 17 baixo, na Coruña. Empregado no Concello da Coruña como varredor municipal dos servizos de limpeza pública.
Secretario do Sindicato de Empregados e Obreiros Municipais da Coruña, da CNT.
Depurado. Morte en enfrontamento.
Segundo o seu expediente persoal cesouno o alcalde Fuciños o día 23/07/1936 porque «ha tomado parte activa con arma de fuego contra el movimiento iniciado el día veinte del actual por el Ejército Español para la dignificación y salvación de la patria. […] Por consecuencia de esa lucha antipatriótica contra las tropas leales resultó herido por arma de fuego el mismo día veinte, siendo conducido al Hospital de Caridad, en el que ingresó a las seis de la tarde del expresado día».
Ferido de bala na rexión vesical, o día 20/07/1936, nos enfrontamentos coas tropas do Exército, morreu no Hospital da Caridade, por un ataque de uremia, ás 19:00 h do día 24. Outras fontes sinalan que finou o día 28/07/1936.
Morte rexistrada na Coruña a causa dun ataque de uremia.
Soterrárono o día 29 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Febe Sánchez Turienzo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.