Nacemento:
Morte:
Mestre, agrarista e xornalista, 50 anos. Casado con Josefa Iglesias; tiñan dúas fillas e catro fillos: María-Asunción, Antonio, Manuel, Julia, Alfredo e José-Gonzalo. Veciños do barrio das Angustias, en Nigrán. Emigrado en América con 12 anos, ao volver instalouse en Cuntis (Pontevedra). Rematou maxisterio no ano 1920. Mestre interino no Porriño (Pontevedra) e en Mesego, Santa María de Cuntis (Pontevedra). Mestre nacional en Santa María de Graba, Silleda (Pontevedra) e Santa Cristina de Vea, A Estrada (Pontevedra). Mestre da Escola Nacional de Nenos en Nigrán no ano 1931, a onde solicitara o traslado.
Foi redactor de El Bólido e colaborador de Acción Agraria. Fundou El Bólido de Cuntis.
Pertenceu á directiva da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (Pontevedra) e á Agrupación Socialista (AS) de Vigo. Tamén participou na campaña pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 prendérono e pasou dous meses na cadea.
Paseado.
Despois do alzamento militar prendérono os falanxistas mentres daba clase e paseárono no barrio da Devesa. Asasinárono pola súa ideoloxía republicana de esquerdas.
Morte rexistrada na Devesa a causa de feridas por disparos na cabeza e no peito de arma curta de fogo. Pegáronlle catro tiros polas costas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.