← Volver atrás

Vázquez Rey, José-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Santa Cristina de Campaña, Valga
(Pontevedra)
- 14/04/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)

Biografía

Mestre e político, 48 anos. Veciño de Pontecesures (Pontevedra). Mestre nacional en Brión (A Coruña) e, anos despois, director da Escola Graduada de Pontecesures. Irmán de Francisco Vázquez Rey, tamén exiliado.

Militante do PSOE. Alcalde de Pontecesures do día 12/05/1928 ata o día 26/02/1930.

Encarcerado. Depurado. Exiliado.

Despois do golpe de Estado arrestárono e ingresárono na cadea en Santiago de Compostela (A Coruña). Un antigo alumno del, falanxista, axudouno a saír en liberdade.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en setembro de 1936. En xullo de 1937 separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.

Ao saír da cadea marchou para a República Arxentina, onde reside ata a súa morte e traballa nunha entidade bancaria e na Editorial EMC.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha