Nacemento:
Morte:
Profesor e cineasta, 26 anos. Casado con María-Luisa Álvarez Santullano, Marylín. Veciños de Madrid. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Licenciouse en Bioloxía en Madrid no ano 1932 e exerceu de profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade Central de Madrid, nas materias de Entomoloxía e Ciencias Naturais. Comezou a súa andadura cinematográfica no ano 1934. Colaborador das Misións Pedagóxicas.
Militante do PCE e galeguista.
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar atopábase en Segovia; tentou volver a Cartelle coa intención de pasar a Portugal coa súa dona, pero alí sábese en perigo e pasa a territorio republicano, onde acadou o grao de comandante do Servizo de Cartografía do Exército Popular da República.
No mes de febreiro do ano 1939 pasou a Francia desde Barcelona coa súa dona e confinárono no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Desde Marrocos embarcou para México coa súa dona no Flandre; chegaron ao país centroamericano en xuño de 1939. En México adicouse á docencia e a produción de documentais, longametraxes e curtametraxes; moi recoñecido pola súa traxectoria audiovisual.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.