← Volver atrás

Vidal de Bustamante, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Monterrei
(Ourense)
- 21/02/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 17/02/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 39 anos. Veciño de Vigo. Fundou e desenvolveuse como profesor na academia Liceo Politécnico de Verín (Ourense) no ano 1919; no ano 1922 era director da Academia Verinense. En 1925 aprobou as oposicións de mestre e destinárono a Castrelo do Val (Ourense), onde permanece ata 1928. Neste ano 1928 rexenta a escola de nenos de Santiago de Albarellos, Monterrei (Ourense). En 1929 traballaba na Escola nº 2 de Bueu (Pontevedra) e no ano 1930 na escola de Casal, adscrita ao Pósito Marítimo de Moaña (Pontevedra). A finais do ano 1932 as autoridades trasladárono ao Instituto de Segundo Ensino de Vigo.

No ano 1930 sería presidente da Asociación Nacional de Mestres de Pontevedra.

No 1931 nomeárono presidente do Centro Republicano Radical de Moaña, no 1932 militaba no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e, co tempo, sería presidente de Esquerda Republicana (ER) na cidade viguesa. Participou na asemblea que en decembro de 1932 aprobou o texto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Depurado.

Ábreselle un expediente de depuración no ano 1936 co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Dado de baixa no servizo e na escala de mestres en 1940.

Nese ano 1940 tamén o procesaron no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Acolleuse ao decreto de rehabilitación de 1958 e readmitírono coa sanción de cinco anos de traslado forzoso fóra da provincia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha