← Volver atrás

Vila Barros, Luisa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Sancionada

Nacemento:

Viana do Bolo
(Ourense)
- 09/04/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 34 anos. Veciña de Viana do Bolo (Ourense). Irmá de Julio Vila Barros e de Vicente Vila Barros, depurados e sancionados. Aprobou as oposicións de mestra nacional en 1929. En 1934 destinárona como mestra nacional á escola de nenas de Viana do Bolo.

Editora de El Escolar de Viana do Bolo.

Depurada. Sancionada.

Ábreselle un expediente de depuración e en setembro de 1936 os fascistas destituírona do seu posto de mestra; acusárona de moscovita, socialista e comunista, como a tantos compañeiros.

En maio de 1940 confirmouse a sanción de dous anos de suspensión de emprego e soldo, traslado forzoso fóra da provincia por cinco anos e inhabilitación para ocupar cargos directivos. Enviárona a Lences de Bureba, Poza de la Sal (Burgos).

No ano 1941 sofre un expediente de responsabilidades políticas baixo a acusación de ser dirixente ou afiliada de Esquerda Republicana (ER). Tamén sofre dilixencias incautatorias.

No ano 1962 trasladouse a Barcelona para ocupar unha vacante de mestra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha