← Volver atrás

Vila Moure, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Lourenzo da Agualada, Coristanco
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 07/02/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 30 anos. Casado con Carmen Torres Reborido; tiveron tres fillos e unha filla: José, Perfecto, Luisa e Arturo. Veciños da Agualada. Era chofer en Coristanco en 1936.

Na II República elixírono alcalde de Coristanco no ano 1936, cargo que ostentaba cando se produce o golpe de Estado, despois de suceder a Jesús Chao Otero, alcalde desde 1931.

Tiña como compañeiros na Corporación de Coristanco de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Mira Abelenda, sancionado; José Pose Mourelle, sancionado; Cayetano Fernández Calvo, sancionado.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o alzamento rebelde foxe a Francia, pasouse ao bando republicano e combateu no seu Exército Popular.

Despois do remate da guerra civil coa derrota da República ingresárono nun campo de refuxiados francés e, tempo andado, exiliouse en México; chegou a Veracruz (México) o día 27/07/1939 no buque Mexique.

Morreu na Cidade de México.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha