← Volver atrás

Vilanova Rodríguez, Alberto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 05/07/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 13/05/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, escritor, historiador e ensaísta, 26 anos. Veciño de Ourense. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, licenciouse en Dereito pola universidade de Madrid e en Filosofía e Letras pola universidade de Valladolid; rematou os seus estudos no ano 1932.

Escribiu na prensa e nas revistas La Zarpa e Heraldo de Galicia. Publicou obras como Los gallegos en Argentina ou Los días históricos de Galicia.

Membro destacado de Acción Republicana (AR) de Ourense e despois de Esquerda Republicana (ER). Azañista e republicano.

Encarcerado. Depurado. Exiliado.

Despois do golpe de Estado detivérono e ingresárono no mosteiro de Oseira.

Xulgárono no ano 1939 no Tribunal Militar Territorial de Ourense.

Os franquistas confinárono en Valladolid durante cinco anos.

Separado do servizo como mestre, adicouse ao ensino privado.

Sentíndose perseguido pola policía do novo réxime, exiliase no ano 1954 en Bos Aires (República Arxentina), onde traballou de catedrático de universidade e non regresa a Ourense ata o ano 1982.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha