← Volver atrás

Vilar Arnoso, Manuel

Alcume: Manolito
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

O Sartego, San Salvador de Fene, Fene
(A Coruña)

Morte:

A Costa, Santa María da Regueira, Oza dos Ríos
(A Coruña)
- 09/03/1952 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, traballaba na Empresa Nacional Bazán en Ferrol, de onde o despediron no ano 1946 despois da folga do aceite.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Desertou do exército franquista en 1949 para unirse a Foucellas.

Enlace de Benigno Andrade García, Foucellas, ao que se uniu no ano 1949. Trasladouse con Foucellas á zona de Betanzos (A Coruña) despois do desmantelamento do Destacamento Manolito Bello da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e xa separados da guerrilla. Estivo con Foucellas nos seus últimos tempos.

O día 09/03/1952, por mor dunha delación, capturáronos nunha cova da Costa onde se refuxiaban. A Foucellas ferírono e prendérono; a Manolito aplicáronlle alí mesmo a Lei de Fugas e disparáronlle dous tiros na cabeza. No enfrontamento morreu outro guerrilleiro e o garda civil Cesáreo Díez Pérez.

Do cerco encargárase o tenente da Garda Civil de Curtis, Enrique Vázquez Martínez. Tamén rematou con feridas o número da Garda Civil Nicanor Álvarez Álvarez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha