← Volver atrás

Vilar García, Anselmo-Antonio-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Castro de Rei
(Lugo)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Torre del Mar, Vélez-Málaga
(Málaga)
- 10/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 54 anos. Veciño de Málaga. Fareiro e fillo do anterior fareiro de Torre del Mar.

Executado.

Durante a guerra civil, nos feitos coñecidos como La Desbandá en febreiro de 1937 na costa de Málaga, morreron moitos civís como resultado dos bombardeos dos barcos dos sediciosos, cando fuxían cara Almería logo da caída da cidade malacitana en poder dos franquistas.

Anselmo era fareiro no faro de La Barraca, en Torre del Mar, e nas noites do 6 e 7 de febreiro negouse a acender o faro co que imposibilitou os bombardeos nocturnos dos rebeldes e salvou moitas vidas de refuxiados en Torre del Mar. Certas testemuñas sinalan que 180.000 refuxiados puideron pasar esas noites por esa costa.

Como consecuencia desta acción rematou fusilado polos fascistas no cemiterio de Torre del Mar na noite do 9 ao 10 de febreiro, cando a localidade xa caera nas mans rebeldes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha