← Volver atrás

Vilas Quintáns, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Treites, San Vicenzo de Cespón, Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bico de Mar, San Pedro de Bealo, Boiro
- 02/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e labrego, 42 anos. Casado; tiña polo menos un fillo: Manuel. Veciños de Treites.

Sen militancia política, colaborou co goberno municipal durante a II República.

Paseado.

Os golpistas acusárono de que no momento do alzamento participara, con outros veciños, na voadura do viaduto da Ponte Beluso, en San Pedro de Bealo, para frear o avance dos rebeldes.

Logo perseguírono e andou agochado polos montes; un veciño descubriuno e avisou aos falanxistas de Boiro de que ía pasar a noite na Arribada; na madrugada asasinárono un grupo dus trinta represores.

Morte rexistrada nos muíños da Arribada, en Bico de Mar, por mor dunha hemorraxia interna por disparos de arma de fogo.

Soterrárono no cemiterio de Cespón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha