Nacemento:
Morte:
Funcionario. Veciño da Coruña. Oficial administrativo na Secretaría do Concello da Coruña.
Depurado.
Segundo o seu expediente persoal, coñecedor da reposición no seu posto de Antonio Álvarez Fernández, presentou o día 15/07/1949 unha solicitude á Alcadía, pedindo a apertura de expediente «con el fin de que se repare la injusticia que consigo se ha cometido y se le reponga en el cargo que legalmente venía desempeñando».
No seu escrito di que o 06/10/1937, «presionado por un superior, como se sabe perfectamente por todo el personal que entonces prestaba sus servicios en la Casa, hube de presentar mi renuncia como tal Oficial Administrativo, en evitación de males mayores, entre ellos la cárcel, como así se me indicaba», porque «necesitaba eludir la responsabilidad de que se me considerase como desafecto al Glorioso Movimiento al no querer continuar prestando mis servicios como hasta entonces lo había hecho».
Na súa argumentación tamén di que «al estallar el Glorioso Movimiento he sido depurado, al igual que el resto de los funcionarios municipales, de cuya depuración no apareció cargo alguno contra el recurrente; sin embargo, transcurrido un año largo y en virtud de nuevos informes, se me acumularon cargos totalmente falsos, a excepción de uno en el que se decía que había pertenecido a un partido de izquierdas, cargo que era verdad, puesto que durante un corto período de tiempo pertenecí al partido de Unión Republicana, pero como simple afiliado».
Fracasado este intento, presentou unha segunda solicitude, o 26/07/1949, solicitando a readmisión agora argumenta que o 06/10/1937 foi «requerido por el Sr. Alcalde que actuaba en aquella fecha [Martín Barbadillo], le manifestó que había unos papeles que no le favorecían en nada y el solicitante al saberlo y dados los tiempos que transcurrían, temeroso de que le pudiera ocurrir algo grave, presentó la renuncia del cargo».
Co informe favorable do xuíz instrutor do expediente o Pleno municipal, na súa sesión de 31/10/1949, acordou a súa readmisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.