← Volver atrás

Villar Martínez, Nicanor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 14/07/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pía de Casas, Santa María de Bemil, Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 34 anos. Casou en 1918 con Ángela Amado Montes, tiveron dúas fillas e tres fillos: Ángela, Celia, Nicanor, Enrique e José. Veciños de Mazaricos (A Coruña). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, aprobou as oposicións en 1927 e destinárono a Santa Baia de Chacín, Mazaricos, onde traballou de mestre oito anos (cobraba entón 3000 pesetas ao ano un mestre). En xullo de 1935 obtén praza por concurso na Escola nº 2 da Garda (Pontevedra). En febreiro de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP), Santiago Casares Quiroga nomeouno profesor-bibliotecario do Escola Nacional de Xordo Mudos de Madrid

O día 26 de decembro de 1930 o gobernador civil da Coruña nomeouno alcalde de Mazaricos, antes de establecerse a II República.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e logo de Esquerda Republicana (ER). Era amigo persoal de Santiago Casares Quiroga. Síndico na corporación de 1931 e, de novo, alcalde en 1933 polas irregularidades da anterior xestora e por pouco tempo; en decembro dese ano presentouse para deputado nacional pero non acadou acta.

Paseado.

Non tiña cargo municipal cando se produce a sublevación militar e atopábase neses días fatídicos en Redondela.

Detido e encarcerado no penal de Redondela polo feito de ser amigo de Casares Quiroga.

Sacárono da cadea, paseárono nun suposto traslado de Redondela a Caldas de Reis (Pontevedra) e asasinárono nunha cuneta preto de Caldas de Reis.

Morte rexistrada en Pía de Casas a causa de desfeitas encefálicas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha