← Volver atrás

Villaverde Cendón, Isolina

Alcume: a Cendona
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada

Nacemento:

Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Mourente
- 01/01/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega, 33 anos. Casou o 22/12/1927 co canteiro Aurelio Torres Lorenzo, o Pacheco; tiñan dous fillos e unha filla: Francisco, Aurelio e Lola, de sete, seis e tres anos. Aurelio era militante da UXT e dirixente do Sindicato da Construción.

Denigrada.

O seu home participou nas requisas de armas que se ordenaran desde o Goberno Civil pontevedrés para facer fronte á revolta dos militares; andou en fuga e delatouno a mesma veciña que o agochaba.

Aurelio Torres finou paseado en Pontevedra o día 23/08/1936 e apareceu morto e mutilado o mesmo día 23 nunha curva entre Bora e Mourente. Torturárono salvaxemente e metéronlle os xenitais na boca.

Á súa viúva Isolina visitárona a miúdo os represores golpistas nos anos seguintes e foi vítima de continuas malleiras, igual que os seus fillos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha