← Volver atrás

Aira Aira, Emilio

Alcume: o Matón, o Zorro
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Teixeira, San Pedro de Noceda, Folgoso do Courel
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Falanxista. Veciño de Teixeira.

Represor.

O día 16/10/1936 asasinaron en Parada, Seoane do Courel, Folgoso do Courel a Manuel Cela Macía.

Os falanxistas implicados nesta execución foron Jesús Docampo Rivada, xefe das milicias locais de Falanxe no Courel, que foi quen deu a orde de pasealo por adicarse a boicotear o Movimiento e facer escarnio dos falanxistas. Os autores materiais do asasinato serían Otilio Valín Marcos, Luis Parada López e Emilio Aira Aira, que se xustificaron alegando un intento de fuga cando o levaran ao monte, despois de sacalo de noite da súa casa, seica na procura de armas. Tirárono nunha cova e cubrírono de pedras.

O día 24/10/1936 remataron coa vida de Amador Sánchez Rodríguez en Ferreiros, Santa María de Folgoso do Courel, onde tiña o seu domicilio, por mor de tres tiros dos falanxistas cando se negou a acompañalos; executárono diante dos seus veciños.

Os falanxistas autores desta morte foron Jesús Docampo Rivada, Otilio Valín Marcos e Emilio Aira Aira.

Todos estes crueis asasinos rematarían procesados na causa 1216/36.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha